sábado, 17 de junio de 2017

MUSICARS - A música na publicidade de coches

       
DEPARTAMENTO DE MÚSICA                                         ALUMNADO DE MÚSICA DE 4º ESO







Dentro do tema “Música e publicidade”, este ano centrámonos nos anuncios de coches. Por certo, produto que se publicita constantemente na televisión, parece que saímos da crise. Cada alumno/a elixiu e analizou un anuncio seguindo un modelo dado. Estes son algunhas das análises que fixemos e as conclusións ás que chegamos.




1º Marca e modelo: SEAT ALTEA XL





Comentado por ALBA ANTELO

Argumento: No anuncio pódese ver como pola noite todos os xoguetes do neno métense dentro do coche sen ser vistos. Ao día seguinte a familia vai de viaxe e ao abrir o maleteiro levan unha sorpresa ao ver que está ocupado polos xoguetes, pero mostra como ten un gran espazo de almacenamento, podendo meter perfectamente as maletas e os xoguetes.

A quen vai dirixido? Está dirixido a familias, xa que é un coche familiar con moito espazo de almacenamento.

O slogan da empresa é “Auto emoción”, pero o do produto é “Power to the family”

A música: No anuncio pódese escoitar unha versión da canción “When Johnny comes marching home”, unha melodía popular da Guerra Civil Americana. Esta canción expresa o desexo da xente de que regresasen os seus amigos e familiares que estaban a combater na guerra. A letra está composta polo irlandés Patrick Gilmore, baixo o pseudónimo de Louis Lambert e é aproximadamente do ano 1863.
Esta peza está, á súa vez, inspirada nunha canción popular irlandesa chamada “Johnny I hardly knew ye”. Ten máis de 250 anos e foi transmitida por tradición oral, e é un canto en contra da guerra.

A canción do anuncio está en inglés e fala de que os animais van entrando no coche de dous en dous, que describe exactamente o que está a ocorrer na escena. A música está presente en todo momento, pero a intensidade vai aumentando segundo os xoguetes vanse achegando ao coche.

Comentario final: Paréceme idónea para este anuncio xa que o carácter marcial e solemne, así como o ritmo de marcha da música axústanse moi ben co argumento do anuncio, os animais marchando como un exército cara o coche.

Vídeo da versión americana:












2º Marca e modeloWOLKSWAGEN TIGUAN




Comentado por: AINOA REY

Argumento: Unha serie de pais e nais levan aos seus fillos ao colexio, un colexio privado aparentemente elitista, en coches de distintos modelos. Os fillos senten vergoña dos pais, polo coche, pola música que escoitan nel, ou porque queren darlles un bico de despedida. De súpeto o Tiguan cun pai e unha filla escoitando música hip-hop e triunfando entre os alumnos, xa que o ven como un pai “guay”.

O slogan: Conectado co que che importa

A quen vai dirixido o anuncio? A pais modernos, que queren estar ao día e conectados cos fillos. É un coche familiar, pero para unha familia actual e moderna.

A música: A canción é “Hip – Hop” de Dead Prez. Canción orixinal non versionada. A música comeza a sonar cando aparece o coche, detense cando a filla baixa do coche e volve a sonar cando o pai arranca e se vai.

Comentario final: Paréceme que a música está ben elixida, pois encaixa coa imaxe que se quere dar do coche, familiar pero ao tempo actual e tamén encaixa cos posibles compradores

Este é o vídeo da canción:









............................................................................................................................................................................


3º Marca e modelo: CITROËN C4 CACTUS, anuncio de 2015







Comentado por  VANESSA BARRETO

Argumento: Tres amigos saen do traballo correndo, con ganas de “saír da rutina”. Soben ao coche e comeza a diversión e a aventura, van facer parapente.

A quen vai dirixido? A persoas maiores de 25, tanto homes como mulleres, independentes e aventureiros.

O slogan: Citroên, Tecnoloxía creativa

A música: Os publicistas elixiron a canción “Bip Bop Boom” de Mickey Hawks da banda estadounidense The night Raiders. A canción comeza a sonar ao abrirse a porta do ascensor e empezar a correr cara o coche. Hai unha pausa cando saltan ao interior, que coincide cunha pausa da imaxe, e volve a empezar cando arrancan cara a praia.

Comentario final: Penso que a música está ben elixida pois o seu carácter alegre e xuvenil é apropiado para a imaxe que se quere dar do coche

Vídeo con la canción







.....................................................................................................

4º Marca e modelo: CHEVROLET SILVERADO. Anuncio da Superbowl de 2012.







Comentado por GABRIEL GIGIREY

Argumento: O vídeo sitúanos no ano 2012, o suposto “fin do mundo” segundo o calendario maia. Podemos deducir a parte da apocalipse non só polo o estado da cidade, senon porque nada máis comezar o anuncio móstrannos a portada dun periódico cun titular que di “2012 Apocalipse Maia: rematará hoxe o mundo?”.
O escenario do anuncio mostra unha grande cantidade de escombros, lume e caos en xeral. A cámara enfoca un montón de escombros do que sae un sucio Chevrolet Silverado. Dentro, un supervivente do apocalipse e o seu can, ambos felices ao ver que non comparten o mesmo destino que a cidade. O home conduce pola cidade mostrando o grao de destrución da mesma. Atópase cuns amigos. Están todos menos un. “Onde está Dave?”- pregunta. Os amigos responden resignados que Dave non tiña un Chevrolet, se non un Ford. Todos quedan en silencio, lamentando a perda do amigo.

A quen vai dirixido? O perfil do comprador é masculino, xa que no anuncio só aparecen homes.

O slogan: No anuncio, Chevrolet identifícase a través do slogan “Chevy runs deep”, que na miña opinión quere transmitir a idea de que é un coche potente.

A música: Este anuncio utiliza a canción “Looks like we made it”, lanzada por Barry Manylow en 1976. A canción é algo triste pois trata de cómo Barry e a súa exparella encontran a felicidade, pero non xuntos. Nembergantes, o anuncio só mostra a primeira parte do refrán (“parece que o fixemos”), dando un carácter alegre á música. No anuncio, esa frase non se refire a ningún asunto amoroso, se non a que o fixeron, sobreviviron ao apocalipse.
A música está axustada para que a parte instrumental empece xusto ao comezo do anuncio. A parte vocal comeza cando o coche sae do montón de escombros e detense cando os amigos falan. Ao rematar a conversa a canción volve a soar, esta vez con máis intensidade.

Comentario final: Na miña opinión, a música encaixa ben co anuncio, xa que o título da canción “Looks like we made it” (parece que o fixemos) identifícase co que Chevrolet quere transmitir, que pode sobrevivir a calquera apocalipse, e en xeral, que pode con todo.






.........................................................................................................................................................................


5º Marca e modelo: TOYOTA AURIS HYBRID






Comentado porERIK FUNGUEIRIÑO

Argumento: O anuncio comeza cun home arrincando o coche só con pulsar un botón. Ao momento de arrancar a imaxe brilla máis é vólvese máis colorida, e tamén comeza a soar a música, ao tempo que aparece un can correndo por un campo verde mentres o dono conduce o coche, transmitindo unha enorme sensación de liberdade.

A quen vai dirixido? A calquera que quera sentirse libre e gozar conducindo

O Slogan: Toyota siempre mejor

A música: A canción elixida é “I was born to love you” do grupo británico Queen. Realmente a canción non ten que ver cun anuncio de coches, pero xusto o fragmento elixido si, xa que ten un carácter alegre e transmite un sentimento fantástico, como o do condutor cando arranca o Toyota.


Comentario final: A música está moi ben axustada coas imaxes, que cambian con cada golpe rítmico e incluso comeza ao arrincar o coche. Paréceme adecuada para o anuncio, aínda que eu poría a canción “Andrómena” de El Momo.

Vídeo da canción





Enlace de "Andrómena" de El Momo: https://www.youtube.com/watch?v=h_S42_xYSeI


.........................................................................................................................................................................



6º Marca e modelo: SEAT LEÓN





Comentado por LAURA CASAIS

Argumento: Un mozo vai cambiando de ambientes, de actividades, de compañía, de vestimenta, e sempre está perfecto. As imaxes van cambiando rápidamente, dando a sensación de dinamismo. Transmite que da igual en que sitio se estea, o que se estea a facer ou como se vaia vestido, o importante é gozar do momento.

A quen vai dirixido? A homes entre 25 e 50 anos aproximadamente

Slogan: Estás no momento de vivir calquera momento.

A música: A música do anuncio é a canción “Flower” do músico americano Moby. A música axústase perfectamente ao ritmo da imaxe, incluso no silencio da escena dos zapatos. Obsérvanse tamén outros elementos musicais visuais, como cando o protagonista baila swing ou toca a batería, que transmiten alegría, liberdade, vitalidade.

Vídeo da canción: 





...........................................................................................................................................................................

7º Marca e modelo: RENAULT KADJAR 2016





Comentado por: ANDREA SANTOS ORGE

Argumento: No anuncio obsérvase a un grupo de xente sentado no que semella unha sala de cine, mirando a dous personas que descenden dun edificio con cordas e a un home que conduce o coche e que os recolle. Logo van a facer carreiras con cans ao monte, van cara a praia e o coche sempre vai con eles. O público da sala sae da mesma pola pantalla. Peno que quere decir que ao principio o coche parece unha fantasía, pero que é real, hai un coche para a aventura e calquera o pode comprar. Resaltar a cor vermella do coche para destacalo do verde da herba e doutros fondos.

A quen vai dirixido? A un público novo ao que lle gusta vivir aventuras.

O slogan: "Passion for life". O coche ten un slogan propio, que é "Atrévete a vivir".

A música: A canción que soa no anuncio é do grupo de folk sueco First Aid Kit, e titúlase "My silver lining". O anuncio comeza sen música, só se escoitan os ruídos ambientes. A música comeza a soar cando os protagonistas soben ao coche e permanece todo o anuncio. A letra da canción tamén envía unha mensaxe sobre que hai que deixar o pasado e seguir adiante, seguir vivindo.

Comentario final: A música paréceme adecuada xa que é animada e transmite que non hai que vivir con medo, que é o que quere vender o coche, que hai que atreverse a vivir.

Vídeo da canción: 













A XEITO DE CONCLUSIÓNS

- A música é unha parte importante do anuncio pois serve para chamar a atención do comprador
- Un criterio para elixir a música do anuncio é ter claro cal é o perfil do comprador
- Outro é o tipo de coche que é, a marca e modelo de coche
- Normalmente utilízanse cancións xa coñecidas de carácter similar ao que se lle quere dar ao coche (aventura, potencia, familiar …)
- A música e o ritmo da imaxe adoitan estar relacionadas; música rápida, cambios rápidos, por exemplo
- Moitas veces, as letras das cancións tamén teñen que ver ca historia que conta o propio anuncio
- Ao marxe da música, chama a atención que na maioría dos anuncios de coches, os protagonistas son homes. Parece que son os que compran os coches
- Na maioría dos anuncios analizados a música non é orixinal, se non que son cancións coñecidadas. É un xeito de facer publicidade do grupo tamén
- Os estilos preferentes son rock, pop, rap e folk. Moi pouca música clásica



No hay comentarios:

Publicar un comentario