MILLAUTO: A SOCIEDADE DO AUTOMOBIL
A comezos deste curso, profesorado de 4º ESO do IES do Milladoiro , puxemos en marcha un proxecto ao redor do coche que ten por obxectivo reflexionar sobre como o coche condiciona as sociedades actuais e as nosas vidas. Ademais, pretende unificar procedementos de traballo, como por exemplo: xerar unha presentación de powerpoint, rúbricas de avaliación ou como se presentan traballos escritos. Neste blog presentamos os resultados dos traballos que están realizando alumnado e profesorado
jueves, 22 de junio de 2017
Traballos de Física/Química e Xeografía/Historia
Presentamos aquí unha publicación do alumnado de 4º de ESO A e B nas materias de Física e Química e Xeografía e Historia. A publicación conta co apoio do proxecto de investigación CONDEMO (EDU2015-65621-C3-1-R) financiado polo MINECO (Goberno de España) e dos fondos FEDER da UE, grazas á colaboración do IES do Milladoiro co Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela, en especial con Ramón López Facal.
Os traballos, ademais, foron emitidos a través de Ames Radio o pasado 13 de xuño.
miércoles, 21 de junio de 2017
A MÚSICA DO AUTOMÓBIL
DEPARTAMENTO DE MÚSICA ALUMNADO DE MÚSICA DE 4ºESO
A música concreta é un estilo musical que xurde en Francia. Baséase na gravación de calquera son, e a súa posterior manipulación nun laboratorio. Os sons gravados aíslanse, copianse, superpóñense e combínanse para facer composicións musicais. O compositor creador deste estilo musical foi Pierre Schaffer, coa súa obra "Cinco estudios sobre ruídos".
O grupo de música de 4º ESO fixo un pequeno exercicio de composición de música concreta utilizando unha gravadora de son e dous programas informáticos: o "Audacity" e o "Music Maker", Hip hop edition.
Hai uns días por fin decidímonos a saír do centro para gravar sons de coche: o son do motor, o da chave a distancia, os dos limpas, o claxon, o pitido do cinto, as portas, etc.
No ordenador de clase fixemos a manipulacións dos sons e a montaxe. Este é o resultado.
sábado, 17 de junio de 2017
MUSICARS - A música na publicidade de coches
DEPARTAMENTO DE MÚSICA ALUMNADO DE MÚSICA DE 4º ESO
Dentro do tema “Música e publicidade”,
este ano centrámonos nos anuncios de coches. Por certo, produto que se
publicita constantemente na televisión, parece que saímos da crise. Cada alumno/a
elixiu e analizou un anuncio seguindo un modelo dado. Estes son algunhas das
análises que fixemos e as conclusións ás que chegamos.
1º Marca e modelo: SEAT ALTEA XL
Comentado por ALBA ANTELO
Argumento: No anuncio pódese ver como pola noite todos os xoguetes do neno métense dentro do coche sen ser vistos. Ao día seguinte a familia vai de viaxe e ao abrir o maleteiro levan unha sorpresa ao ver que está ocupado polos xoguetes, pero mostra como ten un gran espazo de almacenamento, podendo meter perfectamente as maletas e os xoguetes.
A quen vai dirixido? Está dirixido a familias, xa que é un coche familiar con moito espazo de almacenamento.
O slogan da empresa é “Auto emoción”, pero o do produto é “Power to the family”
A música: No anuncio pódese escoitar unha versión da canción “When Johnny comes marching home”, unha melodía popular da Guerra Civil Americana. Esta canción expresa o desexo da xente de que regresasen os seus amigos e familiares que estaban a combater na guerra. A letra está composta polo irlandés Patrick Gilmore, baixo o pseudónimo de Louis Lambert e é aproximadamente do ano 1863.
Esta peza está, á súa vez, inspirada nunha canción popular irlandesa chamada “Johnny I hardly knew ye”. Ten máis de 250 anos e foi transmitida por tradición oral, e é un canto en contra da guerra.
A canción do anuncio está en inglés e fala de que os animais van entrando no coche de dous en dous, que describe exactamente o que está a ocorrer na escena. A música está presente en todo momento, pero a intensidade vai aumentando segundo os xoguetes vanse achegando ao coche.
Comentario final: Paréceme idónea para este anuncio xa que o carácter marcial e solemne, así como o ritmo de marcha da música axústanse moi ben co argumento do anuncio, os animais marchando como un exército cara o coche.
Vídeo da versión americana:
jueves, 8 de junio de 2017
Sobre ruedas
Unha das actividades realizadas dentro do proxecto foi o
visionado do documental emitido por Canal Sur Sobre ruedas (Óscar Clemente, 2010; https://www.youtube.com/watch?v=_aHMIhDxnIM). O alumnado convertiu a análise e reflexión realizadas
na clase nun breve ensaio, dispoñible no blog do proxecto, no que deu respostas
a cuestións relacionadas co ámbito da Física e Química e o da Historia. Se picas aquí, poderás ver eses traballos.
jueves, 1 de junio de 2017
OS MURAIS DE DETROIT
O alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4ºde ESO interpretou un fragmento dos Murais de Detroit que Diego Rivera pintou entre 1931 e 1932. O fragmento está dividido en seis partes e traballado cunha técnica e procedemento diferente pero de tal xeito que, ao xuntar as divisións, pódese apreciar o conxunto cunha unidade de cor e forma. Para acadar este resultado é imprescindible traballar cooperativamente tendo en conta en todo momento o proceso do resto dos grupos.
TÉMPERA
ACUARELA
ROTULADOR
COLLAGE
miércoles, 24 de mayo de 2017
miércoles, 1 de febrero de 2017
PRESENTACIÓN DO PROXECTO MULTIDISCIPLINAR: MILLAUTO
O pasado 18 de novembro, o profesorado implicado no proxecto presentouno a todo o alumnado de 4º da ESO. Reunidos no salón de actos do centro, realizaron unha serie de actividades que tiñan o automóbil como eixe. Votádelle inxenio para relacionar palabras, ordenar frases, puzzles...
A
|
B
|
Oil
crisis
|
Hitler
|
“Coche
do pobo”
|
Primo
de Rivera
|
Assembly
line
|
Jeep
|
Gasóxeno
|
1973
|
Campsa
|
Franco´s
Dictatorship
|
Second
World War
|
Henry
Ford
|
A WORD GAME:
Sentence 1: Carbon dioxide emissions of cars are a problem for the environment
Sentence 2: Excessive speed is one of the main causes of road crashes
Ramón Casas |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)